O Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) concedeunos unha subvención para proxectos de mellora enerxética, o Bono Enerxía Peme 2024, que fixo posible que puideramos cambiar unha prancha de gas por outra mais eficiente no noso establecemento
Esta axuda é unha gran oportunidade para que as pequenas empresas do sector hostaleiro, poidamos mellorar a nosa eficiencia enerxética e reducir os custos. A nova prancha non só é máis eficiente desde o punto de vista enerxético, senón que tamén mellora os procesos produtivos e a aumenta a calidade dos nosos servizos.